Planeamento Municipal de Allariz

Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal de Allariz. Este foi o primeiro dos plans elaborados por nós neste concello. Logo virían o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico da vila de Allariz e Plan Xeral de Ordenación Municipal e unha morea de traballos de planeamento de desenvolvemento e estudos de planificación, todos eles marcados por algo tan importante como a sustentabilidade. Este labor desenvolvido en Allariz conseguiu que estes proxectos obtivesen, entre máis de 300 seleccionados en toda Europa, xunto cos elaborados en Berlín e Matera (Italia), un dos Premios Cuadrienais de Urbanismo e Planificación rexional, na convocatoria do ano 1994. Este recoñecemento axudou nese labor de recuperación integral (tamén económica e social) deste, hoxe, xa emblemático concello.
 
REF: NNSS+PEPRI+PXOM // Stock: Disponible